100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

CAHIBA aclara que sus alegaciones a la Ley de Convivencia no se corresponden con lo publicado en los medios

Publicada el 1 Ee febrero Ee 2012 a las 3:00

La Asociación de Vecinos CAHIBA presentó con fecha 30/01/12 un documento en el registro del ayuntamiento de Baiona para disipar dudas y malas interpretaciones de las actuaciones de la asociación con respecto a la polémica creada en torno a la regulación de la prostitución en Baiona, que ha trascendido a la prensa y a diversas redes sociales. CAHIBA fue el único colectivo que presentó dos alegaciones que fueron aprobadas por unanimidad de todos los grupos políticos. Dichas alegaciones, no se corresponden con la información que ha trascendido en los medios.

 

 


Escrito


1.    Esta Asociación, xunto con outros axentes sociais,  foi convocada polo Alcalde a distintas reunións co fin de facer aportacións para a elaboración da “Ordenanza Municipal Reguladora da Convivencia Cidadá nos Espacios Públicos” que se estaba a elaborar.


2.    Sendo conscientes da enorme responsabilidade que para nós supón ser representantes dun colectivo de veciños/as da nosa vila, tentamos co máximo, rigor, seriedade e respeto manifestar as numerosas inquedanzas que moitos deles nos fixeron chegar.

 

3.    Entre as numerosas aportacións que fixo esta Asociación ( presentou incluso un proxecto de Ordenanza),  o 4 de outubro do 2011, entregou no Rexistro do Concello de Baiona  un escrito (con número de Rexistro de entrada 6952) que se adxunta para tentar incluír, se así se consideraba, algúns puntos na citada Ordenanza.


4.    Dada a inmediatez da celebración do Pleno municipal na que se decidiría  a aprobación de dita Ordenanza, e que a Comisión Informativa cos distintos grupos municipais xa fora realizada. Se nos propuxo presentar o citado escrito posteriormente,  no período de alegacións  

 

5.    Por este motivo o 28 de outubro de 2011 presentamos no Rexistro do Concello de Baiona  un escrito de alegacións á Ordenanza xa aprobada  (número de Rexistro de entrada 7556) que se adxunta. Según se publicou en distintos medios de comunicación, as nosas alegacións foron aprobadas por unanimidade de todos os grupos políticos na derradeira Comisión Informativa.

 

6.    Estas foron as únicas actuacións e manifestacións que esta Asociación tivo con respecto ó devandito tema. Como se pode comprobar nada que ver có publicado.


7.    Queremos polo tanto manifestar a nosa maís fonda preocupación e indignación polas declaracións e mofas publicas levadas a cabo por distintos grupos municipais e medios de comunicación sobre as “supostas” actuacións feitas por esta Asociación sen que ningún representante de algún destes sectores se puxera en contacto con nós para verificar a certeza do declarado.


8.    Esperamos, asómesmo, que os nosos lexítimos representantes municipais e os medios de comunicación actúen co respecto, rigor e seriedade que como persoas e como veciños nos merecemos.

 

9.    Manifestar tamén a profunda tristura que nos provoca a imaxe que se deu, xa non da nosa Asociación senón, da nosa vila. Pensamos que en nada coincide coa  realidade.


Alegaciones presentadas por CAHIBA




Categorías: Baiona

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

93 comentarios

Responder claanc
18:16 Eel 31 Ee enero Ee 2022