100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Xeira do IEM pola fraga de Oliveira

Publicada el 30 Ee julio Ee 2012 a las 20:45


O vindeiro mércores 1 de agosto terá lugar unha Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos pola fraga de Oliveira. O percorrido estará guiado por Xosé Ramón García (IEM), con quen visitaranse unhas paraxes que están dacabalo dos concellos de Gondomar e Baiona, polas beiras do río da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar en Baiona, e Abrullido e Oliveira en Gondomar. Deste último recibe o nome. O punto de encontro será no Mercado de Sabarís ás 18 horas.


Preto de Baiona e Nigrán, ás costas das praias, mesóns e outros lugares de ocio, está este “paraíso secreto” cos seus feitizos, arrolados polas cantigas de auga que burbullan nas fervenzas e as pozas dos regatos que dan no río da Groba. “Móvese o silenzo”, dicía o poeta, e falan en falas codificadas os milleiros de seres que nela habitan.


Flora, fauna e oito muíños comunitarios -patrimonio cultural da bisbarra- serán o centro desta visita.

 

Categorías: Baiona, Gondomar

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

105 comentarios