100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Nigran prorroga un mes mais o periodo de exposicion publica do PXOM

Publicada el 24 Ee julio Ee 2013 a las 8:55

A corporación municipal do Concello de Nigrán decidiu no pleno de hoxe prorrogar nun mes máis o período de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Así, o documento de ordenación urbanística seguirá exposto no Salón de Plenos até o próximo 3 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.


O rexedor municipal lembra que os técnicos municipais están a disposición de todos os veciños para calquera dúbida, consulta ou asesoramento relativo ao documento, de luns a venres nas dependencias municipais, e serán atendidos sen cita previa. Así mesmo, reitera a importancia do periodo de alegacións para a definitiva configuración do documento, e invita a todos os veciños a estudiar a súa situación individual e plantexar as alegacións, se atopan base xurídica para elo.

 

 

Categorías: Ninguno