100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Este domingo XVII Festa do Xurelo Asado en Chain

Publicada el 2 Ee agosto Ee 2013 a las 17:35


O domingo día 4 de agosto, no recinto de festas de Chaín, en Gondomar, terá lugar a XVII edición da Festa do Xurelo asado.


Trátase dun evento gastronómico onde todos os pratos que se ofrecen xiran ó redor da estrela da festa: o xurelo.


Poderase degustar á brasa acompañado de pan de millo, en empanada (de trigo ou millo), en tortilla e en croquetas, a prezos populares, a partir das 11:30 horas.


Para amenizar o evento contarase coa presenza da Banda Xuvenil de Vincios, que actuará ás 12:30 horas, e o grupo folk Abóbriga, ás 13:30 e ás 15:30 horas.


No transcurso do evento entregarase o Xurelo D´ouro, distinción coa que a organización agradece a colaboración dun veciño ou veciña da parroquia coa festa.

Categorías: Gondomar

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

101 comentarios