100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Peitieiros conmemora o 20 Aniversario do Festival Folclorico Internacional cunha semana cultural que comeza este domingo

Publicada el 16 Ee agosto Ee 2013 a las 9:40

O vindeiro 24 de agosto, ás 19 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XX Festival Folclórico Internacional. Neste ano 2013 conmemórase tamén o 20 aniversario desta actividade que comezou a realizarse na parroquia gondomarense no ano 1993, tendo como grupo anfitrión a Ecos e Agarimos, grupo de Gaitas e Baile do Centro Cultural.


Con motivo deste XX aniversario, o Centro Cultural procurou un cartel acorde coa celebración. Nesta edición contarase coa presenza do grupo anfitrión, Ecos e Agarimos, que como en todas as edicións será o responsable de iniciar o Festival, cunha traxectoria de máis de vinte anos é a escola de música e baile tradicional da parroquia. Estarán tamén os grupos galegos: Pedras Miúdas de Lires, Cee, que recuperou as danzas tradicionais dos Arcos e das Patelas tal e como se bailaban hai uns cincuenta anos. A treboada Airiños Novos de Pinzás, da Escola de Música de Pinzás e coa que se quere manter viva este tipo de formación musical, e os Terribles de Donas, Grupo de Música Tradicional Galego-Portuguesa con máis de 80 anos de traxectoria, pois foi a primeira murga formada no Val Miñor. Eles serán os encargados de pechar o festival.


Contarase  tamén coa participación do Rancho Folclórico da Amizade Telões-Amarante, que teñen entre os seus obxectivos o perfeccionamento e o ensino do seu folclore tradicional e as Trikitilaris de Euskal Herría Enara Yarza, e Lorea Etxart, que mostrarán a música tradicional das formacións integradas por unha trikitixa (acordeón diatónico) e un pandeiro, que se remontan a finais do XIX, nas romarías celebradas nas abas do monte Urkiola.


O Festival comezará xa ás 12 da mañá con obradoiros diversos de baile e música abertos á participación de quen quixera achegarse.


Mais, ao tratarse dunha data sinalada e que pon de relevo o esforzo das diferentes persoas que ao longo destes vinte anos estiveron á fronte do Centro Cultural, a directiva actual quixo conmemorar a data celebrando tamén unha semana cultural que comezará o vindeiro domingo 18 de agosto. Desde a mostra das actividades que durante o curso se realizan no Centro Cultural, a través da actuación de Danzarinos, até a presentación dun vídeo dos vinte anos de Ecos e Agarimos, a semana cultural contará coa presenza de destacados nomes no panorama da música galega e da tradición oral: Xavier Blanco, mestre gaiteiro e técnico de cultura tradicional de Moaña, Santi Veloso de Ponte nas Ondas, Carlos Alonso da Asociación Cultural Oral, Xerado Santomé, licenciado en Antropoloxía e músico popular que falará do seu libro Treboada Galega, e Os Carunchos que presentarán o seu disco E ti que?.


Todos os actos, agás a actuación de Danzarinos, terán lugar no adro de Peitieiros e no seu centro cultural, ao lado da igrexa de vestixios románicos de San Miguel. A actuación de Danzarinos será no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, ás 18:00 horas. Ademais estamos a organizar unha Mostra de Artesanía no Adro, durante o mesmo día 24.

Categorías: Gondomar

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios