100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

O CEIP Belesar festexa os seus 25 anos de andaina educativa cunha semana chea de actividades

Publicada el 9 Ee mayo Ee 2014 a las 10:45


O CEIP Belesar festexa  25 anos de andaina educativa cunha semana de actividades para a comunidade na que percorreremos todo este período do centro.


O colexio foi construído no ano 1989, comezando a funcionar no curso 1989-1990 con 8 unidades de E.X.B. e 1 de Preescolar (5 anos). A día de hoxe conta con tres unidades de Educación Infantil e 6 de primaria. A ANPA creouse no 1990 e desde esa día axudan  e colaboran na vida educativa.


Foi no cole de Belesar onde no ano 1997, o actual director Javier Domínguez, propón á dirección do centro impartir clases de música coma actividade extraescolar ata chegar a ser a Agrupación Musical de Belesar, que ven de ser seleccionada para participar no XIV Certame Internacional de Aranda del Duero.


Ao longo dos anos fixéronse exposicións que agora se recollen nunhas columnas na entrada do centro. Exposicións de: Obxectos antigos, O tren dos contos, Expojuguete, Expo99, Belesarte; Expo xogos populares, Expocurros, Os títeres na escola, Belemar, Belemundi.


O centro tivo moitas ilustres e recoñecidas visitas: Caino, Ramón Caride, Fina Caslderey, Anxel Fole, Anxo Fariña, Susa Herrera, Anxo Moure, Irene Silva, Circo Eurocinpia, Os títeres de Redondela, Migallas.


Semana de actividades


Na semana do martes 13 de maio ao xoves 15 realizaranse actividades polas tardes de 16.00 a 18.00 abertas a todo o público, e o venres de 19.00 en adiante.


O martes, Beleconto; é a presentación dos 25 anos, coa lectura do Conto Lémbrome, texto no que alumnos, exalumnos, familias e mestres rememorarán a vida do centro. Despois actuará o grupo de gaiteiros do centro "Os novos Galiños de Belesar", e presentarase o vídeo Parabéns Belesar, que recolle as felicitacións dos alumnos e mestres que durante todo o ano mandaron os seus parabéns desde diferentes puntos xeográficos. Tamén poderemos gozar cunha representación da actividade de Teatro. Estarán presentes autoridades locais, familias, alumnado, antigos mestres e alumnos e o actual claustro de mestres.


O mércores é Belemúsica, e poderemos acudir á representación do Musical "Valmiñor-Belesar: Cronoloxía de 25 anos", no que o alumnado do 3º ciclo, exalumnos e o grupo de gaitas "Os novos Galiños de Belesar", transpórtannos ao ano 1989 co inicio do cole para chegar á actualidade da man das cancións máis representativas deste periodo. Olalla e Paz, mestras de música e Educación Física, compuxeron a obra e adaptaron as letras.


O xoves, Beleolimpiadas, onde a Anpa organiza unha tarde chea de Xogos populares nos que agasallarán aos participantes e aos gañadores.


O venres, Belefesta, é o final da celebración, na que a Agrupación Musical de Belesar, dirixida por Iván Pinzás, deleitarannos cun concerto ás 19.00 para despois ter una cea compartida coas familias.


Haberá servizo de autobús polas tardes de martes a xoves, xentileza de Galisur, saíndo de Monterreal ás 15.30 e voltando ás 18.00.


As entidades que colaboraron na festa son: ANPA de Belesar, Galisur, Agua Sana, Concello de Baiona, Comunidade de Montes de Belesar, Cris Grande Fotógrafa, Olalla Fernández na creación do logo dos 25 anos, e Yajoma.



 photo BAITERRABANNERWEB_zpsac7a1018.gif

Categorías: Baiona, Educación, Galego