Publicada el 30 Ee julio Ee 2014 a las 7:10 |
Esta mañá produciuse un incendio nas instalacións da recentemente renovada Praza de Abastos de Baiona. O suceso aconteceu sobre as 9:30 horas, cando unha operaria de limpeza e un electricista municipal viron que o cadro eléctrico comezou a arder. Nun primeiro momento o traballador do concello utilizou un extintor, sen éxito. A Praza foi desaloxada ao igual que todas as vivendas e o hotel da rúa Entrehortas, para evitar posibles intoxicacións polo fume.
Ao lugar desprazáronse a Policía Local de Baiona, a Garda Civil, o GES de Val Miñor e os bombeiros do Porriño. Tamén acudiron técnicos da empresa Unión Fenosa para revisar as instalacións e cortar a subministración eléctrica. Unha vez extinguido o lume, os operarios municipais xa comezaron coa limpeza da zona.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, informou de que esta tarde manterán unha reunión coa empresa que instalou o cadro, o director de obra e o enxeñeiro que fixo todo o proxecto eléctrico.
Segundo indicou o rexedor o prioritario é buscar unha solución provisional para que os postos da praza poidan traballar, e posteriormente arranxalo de xeito definitivo.
Quedaron afectados o cadro eléctrico e o cableado.
Categorías: Baiona, Sucesos, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.