Publicada el 14 Ee agosto Ee 2014 a las 6:40 |
O Pavillón Municipal de Deportes de Baiona vestiuse de gala onte para acoller unha pequena pero emotiva celebración.
O presidente de honra do Estelas Baiona F.S., que milita na categoría provincial, David Leyenda Marcote, cumpriu un ano á fronte do seu cargo e dende o club quixeron renderlle unha homenaxe.
Aproveitando un partido amigable co club Arealonga Chapela, entregóuselle un obsequio polo equipo visitante, xesto que os honra. O concelleiro de Actividades Marítimas, Raúl Costas, tamén lle entregou unha placa conmemorativa ao homenaxeado, que se mostrou alegre e visiblemente emocionado.
O partido, pleno de deportividade entre ambos os dous equipos, rematou con 3 a 2 para os locais. Un compartido aperitivo servido posteriormente puxo o colofón a este fermoso acto de honra dun dos veciños máis queridos do municipio.
Categorías: Baiona, Deportes, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.