100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

22 voluntarios retiraron 1.500 quilos de lixo dos ríos Zamáns e Miñor

Publicada el 30 Ee septiembre Ee 2014 a las 10:25


22 voluntarios da Asociación Excoloxista A Groba, da Asociación Pedraghullo e da Asociación de Veciños de Vincios retiraron o pasado domingo un total de 1.500 quilos de lixo dos ríos Zamáns e Miñor ao seu paso por Gondomar.


A actividade realizouse no marco da VII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, que este ano se celebrou en 45 concellos de toda Galicia, e participaron un total de 57 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, etc.) e tamén 8 concellos que organizan directamente a actividade en 46 treitos de río.


Aínda que con ameaza de trebóns nalgunhas zonas de Galicia foron moitas as persoas que se mollaron polos ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñan o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.


Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais e asentos, e os electrodomésticos tampouco faltaron, lavadoras, frigoríficos e televisións. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado... Algúns dos grupos se adicaron tamén a manter os sendeiros de pescadores.


Dende ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) calculan que os residuos de todos os concellos suman perto de 10 toneladas, pero lembran que o seu principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, senón unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso fan actividades como esta.


Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Para esta actividade ADEGA conta coa colaboración de Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asi como os concellos de A Estrada, Ames, Cambre, Carballo, Cariño, Cuntis, Fene, Gondomar, Lugo, Muxía, Poio, Pontevedra, Rianxo, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Santiago de Compostela e Teo.


Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallou aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza.

 

 photo ANUNCIOBAITERRAWEBSINRENTA_zps3ab63849.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

Categorías: Gondomar, Sociedade, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

94 comentarios

Responder nickalbe
11:11 Eel 12 Ee febrero Ee 2022