100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

A Garda Civil honra a súa patroa

Publicada el 12 Ee octubre Ee 2014 a las 9:45


A Garda Civil de Baiona-Nigrán celebrou este domingo os actos conmemorativos con motivo da festividade da súa patroa, a Virxe do Piar.


Ás 12:30 horas os membros da casa cuartel situada en Baiona acudiron a unha misa en honor á súa patroa na Ex Colexiata de Santa María. Xa de volta no acuartelamento, realizouse a tradicional ofrenda floral ante a figura do Garda Civil situada na entrada, cedida en 1991 por Manuel Quintas "O Ferreiro".


Nos actos tamén estiveron presentes os alcaldes de Baiona e Nigrán, acompañados doutros membros dos dous gobernos municipais, así como outras autoridades civís e militares.



 photo ANUNCIOBAITERRAWEBSINRENTA_zps3ab63849.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

Categorías: Baiona, Sociedade, Galego