Publicada el 27 Ee octubre Ee 2014 a las 9:10 |
O proxecto comarcal "Valemprego", que comprende distintas accións divulgativas gratuítas dende o pasado mes de xuño dirixidas fundamentalmente ás persoas desempregadas dos tres municipios para achegarlles as ferramentas, conceptos e técnicas máis salientables á hora de levar a cabo unha busca activa de emprego, ofrece este martes 28 de outubro a charla "Os recursos de emprego telemáticos do SEPE" ás 10:30 horas no Multiúsos Ángel Bedriñana de Baiona (Praza de Abastos - Rúa Carabela Pinta, 11).
A exposición correrá a cargo de Ismael Rego, coordinador do Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego (SEPE). Nesta sesión, presentarase o acceso telemático aos diversos servizos públicos que en materia de emprego ofrece o SEPE ás persoas que queren facer uso da vía telemática para os diversos trámites en liña de que dispoñen.
As persoas interesadas en participar, deben presentar a súa solicitude cubrindo a ficha que está xa a súa disposición nas páxinas web e nos Departamentos de Emprego dos tres concellos, e entregalas nestes servizos ou remitilas á dirección de correo electrónico ([email protected]), dirección válida tamén para realizar calquera consulta ao respecto deste programa.
O proxecto continuará desenvolvéndose ata finais de ano, anunciando de forma periódica as actividades organizadas a medida que estean pechadas e estando os tres AEDLs municipais a disposición de calquera interesado para aclarar dúbidas e ofrecer máis información ao respecto.
Categorías: Baiona, Sociedade, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.