Publicada el 8 Ee noviembre Ee 2014 a las 6:10 |
Búscanse aventureiros para percorrer Sudamérica, e o baionés Daniel Leyenda Amoedo quere ser un dos 3 seleccionados. O premio, viaxar durante tres meses fotografando e escribindo sobre as súas aventuras, con voos aos destinos de Sudamérica que elixa, 1.500 euros ao mes, cámara GoPRO, mochila e moitos premios máis.
"Destino Sudamérica" está organizado por LAN y TAM Airlines. As bases do concurso son simples, hai que rexistrarse na páxina do concurso, elixir que países se queren coñecer e "venderse” como o candidato ideal. Tamén recomendan acompañar a candidatura cun video ou fotos de viaxes xa realizadas. O prazo de inscrición finaliza o próximo 30 de novembro.
Para converterse en aventureiro, Daniel necesita que lle voten no seu perfil de participante. Se é un dos 10 candidatos máis votados pasará directamente á fase de preselección.
Se non está no ranking dos máis votados, aínda terá unha oportunidade. O xurado preseleccionará as 30 candidaturas máis orixinais e, xunto ás 10 participacións máis votadas, seleccionaranse os tres afortunados que vivirán tres meses de auténtica aventura.
Se queres votarlle, podes facelo no seguinte enlace.
Categorías: Baiona, Sociedade, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.