Publicada el 9 Ee diciembre Ee 2014 a las 7:40 |
Portos de Galicia vén de comezar as obras de remodelación das instalacións náutico recreativas de Baiona. Así o comunicou o presidente do ente público, José Juan Durán, esta mañá nunha visita á zona para comprobar o inicio dos traballos de reordenación dos atraques que desenvolve o seu departamento.
A actuación consiste primeiramente no traslado do pantalán da réplica da Carabela Pinta uns 30 metros cara ao sur, máis preto da Praia Ribeira. Os traballos comezarán coa instalación dos pivotes na nova ubicación, e unha vez instalados, procederase ao traslado do pantalán, a rampla de acceso e a embarcación ao seu lugar definitivo, tal e como considera o Plan de Portos 2010.
Por último, habilitaranse un centenar de prazas de atraque para embarcacións de séptima lista coa instalación dun novo pantalán no porto pesqueiro, de xeito que permita suprimir os fondeos existentes actualmente na zona, aportando unha maior seguridade aos usuarios. En concreto ordenaranse as prazas de atraque para embarcacións de esloras menores ás existentes nos pantaláns que funcionan actualmente nos dous portos deportivos do municipio.
Esta actuación, financiada cunha partida finalista de Fondos europeos Feder, dará resposta á actual situación do peirao baionés que conta cunha lista de espera de máis de 50 barcos. Así mesmo, resposta a unha demanda trasladada polos usuarios e o Concello de Baiona a Portos de Galicia.
Durán Hermida explicou tamén que entre os beneficiarios das novas instalacións atópase unha ampla representación de profesionais xubilados do mar, para os que Portos de Galicia ten establecido bonificacións na ocupación de prazas.
Categorías: Baiona, Sociedade, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.