Publicada el 5 Ee enero Ee 2015 a las 17:50 |
Miles de persoas de todas as idades acompañaron este luns ás súas Maxestades de Oriente ao seu paso por Baiona. As tres carrozas con Melchor, Gaspar e Baltasar partiron dende A Ramallosa, para percorrer a Avda. de Julián Valverde, Praza de Victoria Cadaval, Rúa Porta do Sol e Areas, ata chegar á Praia de Santa Marta, onde se uniu a Comitiva Real.
Dúas rondallas, un total de seis carrozas -unha da escola de baile Marcando Pasos, outra do Baíña FS, a do Erizana e as tres dos Reis-, xunto cos personaxes máis coñecidos do mundo Disney como Blancanieves, os enanitos, Mickey, Minnie, Donald..., sumaban arredor de medio millar de persoas que percorreron a Avda. Monterreal, Alférez Barreiro e Paseo Elduayen repartindo máis de 1.500 quilos de caramelos.
Xa na Rúa Carabela Pinta, os Reis Magos recibiron centos de nenos e nenas, aos que entregaron o primeiro regalo da noite.
Categorías: Baiona, Sociedade, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.