100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Novo curso de Tai Chi e Qi Gong na Asociación de Mulleres Rurais San Benito

Publicada el 13 Ee enero Ee 2015 a las 7:10


A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar organiza un novo curso de Tai Chi e Qi Gong impartido por unha profesora titulada pola Federación Española de Judo.


Este antiquísimo arte marcial chinés caracterízase nos seus exercicios pola lentitude, flexibilidade, circularidade, continuidade, suavidade e firmeza. Combina a respiración profunda e a relaxación con movementos suaves e lentos. Mellora a conciencia da respiración, relaxación e control corporal, a integridade das articulacións, estabilidade e equilibrio, e a saúde psicolóxica grazas ao efecto da meditación.


O Chi Kung baséase na medicina tradicional chinesa, e son sinxelas sucesións de exercicios que utilizan a mente, a respiración e os movementos do corpo. Activa a circulación da enerxía, fortalece os órganos internos, exercita ósos, articulacións e músculos, promove a relaxación e o control do estrés e prevén lesións ocupacionais.


O curso desenvolverase os mércores de 18 a 19 horas, cun custo de 15 euros ao mes. Máis información no teléfono da asociación 682 074 884 ou no correo electrónico [email protected]


 photo ANUNCIOBAITERRAWEBSINRENTA_zps3ab63849.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

Categorías: Gondomar, Sociedade, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

99 comentarios