Publicada el 7 Ee febrero Ee 2015 a las 11:35 |
ALBERTO RODRÍGUEZ.- Tras anos sen celebrarse, as festas en honor á Virxe do Carme volven a Baiona. Así o decidiu a Confraría de Pescadores "La Anunciada" na xunta celebrada a pasada semana. Deste xeito o pósito volve facerse cargo da organización dos festexos, xa que nos últimos anos que se celebraron foi unha Comisión de Festas a encargada das xestións.
Segundo indica a patroa maior, Susana González, nas próximas semanas decidiranse os seguintes pasos a seguir para comezar coa recadación do diñeiro necesario para financiar as festas en honor á patroa dos mariñeiros, que se sumarán aos tradicionais actos relixiosos, que eses si, nunca deixaron de celebrarse.
Categorías: Baiona, Cultura/Ocio, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.