100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

A Casa da Navegación de Baiona abre as súas portas coincidindo co 522 aniversario da Arribada da Pinta

Publicada el 1 Ee marzo Ee 2015 a las 21:20


ALBERTO RODRÍGUEZ.- Baiona inaugurou este domingo coincidindo coa data histórica do 1 de marzo a Casa da Navegación, 522 anos despois de que arribase á vila Martín Alonso Pinzón a bordo da Pinta coa boa nova do Descubrimento.


Os encargados de descubrir a placa conmemorativa foron a Ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde da vila, Jesús Vázquez Almuíña.


"Hoxe creo que para os baioneses é un día importante, feliz, no que remata un traballo de 26 anos. Foi en 1989 cando sendo alcalde da vila Manuel Vilar Márquez se decidiu comprar a casa para convertela nun edificio administrativo". Con estas palabras comezou a súa intervención o rexedor despois dunha visita guiada polas instalacións. Almuíña incidiu ademais en que "un museo debe ser unha institución viva que vaia captando novos achados", e concluíu asegurando que "hoxe son o menos importante de todos os que están na sala pero persoalmente son o máis feliz".


Pola súa banda, a Ministra destacou que, a todos os atractivos cos que conta Baiona, "unimos hoxe esta Casa da Navegación, este museo que é fiel reflexo deses 20 séculos de historia, dos moitos e estreitos vínculos que ao longo da historia e para sempre unen a este pobo co mar".


Pechando o acto, o presidente da Xunta afirmou que "este porto privilexiado de Europa dende 1493, onde chegaron as primeiras noticias dun novo mundo, tiña que ter unha casa, e esta é a súa casa. O mundo sempre recoñecerá a Baiona o seu papel".


A Casa da Navegación, que xa se poderá visitar dende este luns en horario de mañá e dende a próxima semana tamén de tarde, reúne nas dúas plantas da Casa Carbajal representacións históricas de navíos, instrumentos náuticos, mapas históricos, as pezas arqueolóxicas recuperadas durante os traballos de ampliación do porto pesqueiro, achados encontrados durante a construción do aparcadoiro da Palma e na humanización de Santa Liberata, dúas pezas do Faro de Cabo Silleiro cedidas pola Autoridade Portuaria de Vigo, as famosas culebrinas achadas nos 80 na costa de Oia, o Scarlet Knight RU27, o primeiro robot submarino automatizado que cruzou o Océano Atlántico e chegou a Baiona o 9 de decembro de 2009, e abundante documentación.


O investimento total para a súa posta en marcha alcanza o millón de euros, e inclúe dende a rehabilitación do edificio, que comezou en 2007 e concluíu en 2010, á recente musealización e recuperación do xardín e do resto do terreo, onde haberá unha zona de xogo para nenos de temática mariña, que terá como elemento central unha representación da Santa María, auditorio ao aire libre, zonas de paseo, bancadas, e o obelisco a Ventura Misa. A esta nova zona de ocio e esparexemento poderase acceder dende a Rúa Conde e dende o propio museo.


Tamén asistiron Nava Castro, Directora da Axencia de Turismo de Galicia, María José Bravo Bosch, Delegada da Xunta en Vigo, Antonio Coello, Subdelegado do Goberno en Pontevedra, e José Juan Durán, presidente de Portos de Galicia, ademais dos membros do equipo de goberno.


Ver Fotos



 photo BAITERRA 2015 WEB_zpsz4cpg6zp.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

Categorías: Baiona, Cultura/Ocio, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

100 comentarios