100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

A Deputación leva investidos en Gondomar máis de 3 millóns de euros na mellora da rede viaria e infraestruturas

Publicada el 5 Ee marzo Ee 2015 a las 10:25


ALBERTO RODRÍGUEZ.- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, comprobou este xoves algunhas das actuacións que foron financiadas polo ente provincial na localidade e outras que están actualmente en marcha, e que suman un total de máis de 3 millóns de euros.


Entre as xa finalizadas destacan a urbanización da Rúa Cruz de Mera, obxecto dunha completa e integral renovación cun investimento de 203.935 euros, e a construción por 119.000 dun muro de contención en As Cercas para evitar a inundación do Centro de Desenvolvemento Local cando se producen desbordamentos no Río Miñor.


Actualmente en marcha encóntranse as obras de construción de 100 novas prazas de aparcadoiro na Rúa Diego Sarmiento de Acuña, cun investimento de 229.000 euros nunha primeira fase, e 80.000 na segunda, que permitirán á súa vez a urbanización e ampliación das beirarrúas e a reordenación do tráfico no centro urbano, favorecendo a futura humanización do municipio ao fomentar o tránsito peonil pola zona urbana. Unha parte da subvención destinarase á súa vez á canalización da rede de media tensión situada na zona deportiva de As Cercas, onde ademais se instalarán unhas pistas de tenis cun presuposto de 25.000 euros.


E hoxe mesmo comezaron as obras de mellora e acondicionamento da estrada provincial 2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns, unha vella demanda dos veciños, que contan cun presuposto de 550.625,89 euros e incluirán a limpeza e rozado de marxes, o ancheamento da estrada e a creación dunha senda peonil. Así mesmo, renovarase a pavimentación da vía e dotarase de sinalización horizontal e vertical, ademais de canalizar as augas pluviais e repoñer os diferentes muros e servizos afectados polos traballos.


Os traballos permitirán mellorar a visibilidade e facilitar o tránsito tanto de peóns como rodado, dado que se trata dun treito de estrada no que se carece de espazo para a circulación peonil, o que dificulta a mobilidade dos veciños e veciñas da zona.


Melloras na rede viaria, infraestruturas e humanizacións


Entre as actuacións realizadas pola Deputación de Pontevedra en Gondomar destacan a mellora das capas de rodaxe e da drenaxe da estrada provincial Donas-Mañufe, a ampliación e mellora do firme no camiño A Torre-Chaín, o acondicionamento e rehabilitación do Auditorio Municipal, a reforma da cuberta do Colexio Rural Agrupado Antía Cal de Peitieiros e da Escola Unitaria de Mañufe, e o saneamento no barrio de Lago, Morgadáns, na Gándara, Peitieiros, e Lourido, en Vilaza.


Louzán destacou que todas as infraestruturas realizadas van destinadas ás persoas da zona urbana e rural, á mellora da súa calidade de vida e de dotación de servizos.



 photo BAITERRA 2015 WEB_zpsz4cpg6zp.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg


Categorías: Gondomar, Sociedade, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

100 comentarios

Responder taktali
0:35 Eel 31 Ee enero Ee 2022 
Responder vinula
10:56 Eel 12 Ee febrero Ee 2022 
vinula 7b17bfd26b https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgMDAto-ECQwLEgZDb3Vyc2UYgICA_6aK_QgMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDA4Kzn8woMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgMCAhNnNCAwLEgZDb3Vyc2UYgICA_4CJvAoMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDA4LXtrAoMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgMCg876jCwwLEgZDb3Vyc2UYgIDAoLK3mwgMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDAkJrUvAgMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgMCAkeCTCwwLEgZDb3Vyc2UYgICAn5v1lggMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDA0I32kQgMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgMDAl7iBCgwLEgZDb3Vyc2UYgICA_8TlqwoMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDA0NCE4AkMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgICf28SfCQwLEgZDb3Vyc2UYgICA_7P09QsMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDAwPPZzgoMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgIC_o5qVCgwLEgZDb3Vyc2UYgICAv6PMhAkMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDAkLvclgkMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgIC__oLJCgwLEgZDb3Vyc2UYgIDAgOKckgkMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDA4PCI0QsMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgMDAk-i1CQwLEgZDb3Vyc2UYgIDAwKbzyAgMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDAkNn2-goMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
https://www.cloudschool.org/activities/ahFzfmNsb3Vkc2Nob29sLWFwcH
I5CxIEVXNlchiAgMDgpafICwwLEgZDb3Vyc2UYgIDA4Nf1nAkMCxIIQWN0aXZpdHk
YgIDA0J6s4QoMogEQNTcyODg4NTg4Mjc0ODkyOA
http://naturopatia-sanatum.pl/blog/46_dlaczego-nie-korzystam-z-ba
senow.html