100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

O porto de Baiona acolle durante tres días as segundas xornadas divulgativas e gastronómicas "Vive a lonxa"

Publicada el 31 Ee marzo Ee 2015 a las 20:40

 

ALBERTO RODRÍGUEZ.- O porto de Baiona acollerá os días 2, 3 e 4 de abril as segundas xornadas divulgativas e gastronómicas "Vive a lonxa", organizadas pola Confraría de Pescadores "La Anunciada" de Baiona e Mar de Silleiro.


As xornadas inclúen a 2ª Mostra Culinaria. Nunha carpa comedor instalada fronte á lonxa, os mariñeiros cociñarán dende as 11 da mañá para locais e visitantes, que poderán degustar percebes, ourizos, mexillóns, navallas, polbo á feira, espetos, empanadas mariñeiras, patés, pescadiños fritos, e moito máis.


O programa complétase con exhibicións de escenas mariñeiras, xogos e talleres para nenos, viaxes en kaiak, paseos marítimos en barco pola baía, un acuario coas capturas do noso mar, e como gran novidade, exhibición de flyboard, actividade que todo aquel que o desexe poderá probar.


Durante os tres días tamén haberá unha mostra de Artesanía de Galicia, na que talleres artesáns de oficios como a xoiaría, gravados, pintura, marroquinería ou cantería venderán e exhibirán os seus produtos. Permanecerá aberta de 11 a 21 horas.

 

O programa previsto é o seguinte:


Xoves 2

11:00-21:00 POSTOS DE ARTESÁNS

11:00 EXHIBICIÓN ARTES DE PESCA

11:00-13:30 XOGOS E TALLERES PARA NENOS

12:00 ACTO DE INAUGURACIÓN DAS XORNADAS

12:00-14:00 E 16:00-20:00 FLYBOARD: ACTIVIDADE

12:30 E 18:00 FLYBOARD: EXHIBICIÓN

12:30 GRUPO DE GAITAS " OS ATRANCALEVADAS DO CONDADO"

13:00 EXHIBICIÓN PERCEBEIROS - KAIAK

16:00-18:00 TRAVESÍA MAR DE ONS (BAIONA-ILLAS CÍES) - KAIAK

16:30-20:00 XOGOS E TALLERES PARA NENOS

18:00 EXHIBICIÓN PERCEBEIROS E OURICEIROS


Venres 3

10:00-14:00 E 16:00-20:00 FLYBOARD: ACTIVIDADE

10:00 KAIAK

11:00-21:00 POSTOS DE ARTESÁNS

11:00-13:30 XOGOS E TALLERES PARA NENOS

12:00 EXIBICIÓN PERCEBEIROS E OURICEIROS - KAIAK

12:00 E 17:00 FLYBOARD: EXHIBICIÓN

13:00 EXHIBICIÓN ARTES DE PESCA

16:00-18:00 TRAVESÍA MAR DE ONS (BAIONA-ILLAS CÍES) - KAIAK

16:30-20:00 XOGOS E TALLERES PARA NENOS

17:00 EXHIBICIÓN ARTES DE PESCA


Sábado 4

10:00-14:00 E 16:00-20:00 FLYBOARD: ACTIVIDADE

11:00-21:00 POSTOS DE ARTESÁNS

11:00-13:30 XOGOS E TALLERES PATA NENOS

12:00 CEMMA "RESCATE DUN GOLFIÑO"

12:00 E 17:00 FLYBOARD: EXHIBICIÓN

13:00 EXHIBICIÓN ARTES DE PESCA

16:00-18:00 TRAVESÍA MAR DE ONS (BAIONA-ILLAS CÍES) - KAIAK

16:30-20:00 XOGOS E TALLERES PARA NENOS

17:00 EXHIBICIÓN ARTES DE PESCA

17:30 GRUPO DE GAITAS "O BALCÓN DO VAL MIÑOR"

18:00 EXHIBICIÓN PERCEBEIROS E OURICEIROS


 


Categorías: Baiona, Cultura/Ocio, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

97 comentarios