100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Julio Villarino presenta este xoves o seu libro "Contos e Lendas de Baiona" na Capitanía Marítima

Publicada el 7 Ee abril Ee 2015 a las 7:25


ALBERTO RODRÍGUEZ.- A Capitanía Marítima de Baiona acolle este xoves 9 de abril a presentación do libro "Contos e Lendas de Baiona", de Julio Villarino Espino. Durante o acto, que comezará ás 20:00 horas, tamén estarán expostas as ilustracións do libro realizadas por Jacobo Lijó Viaño.


O autor


Julio Eulogio Villarino Espino (Sevilla, 1982) é veciño de Baiona, onde se criou. Gañador dalgúns premios literarios (I Premio dende A Fonsagrada con Amor, 2014) é participante habitual na sección de Colaboracións Literarias do Instituto de Estudos Miñoranos, esta é a súa primeira obra completa, onde recolle moitas das tradicións orais da bisbarra de Baiona.


Os beneficios desta obra serán doados á ONG local "Ayuda al Mundo Necesitado".


 


Categorías: Baiona, Cultura/Ocio, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

94 comentarios

Responder osweelat
21:48 Eel 30 Ee enero Ee 2022