Publicada el 24 Ee abril Ee 2015 a las 4:50 |
REDACCIÓN.- Este sábado celébrase en Baiona a segunda e última xornada da regata de inverno do Monte Real Club de Yates, na que se decidirá quen é o campión do Trofeo Turismo Rías Baixas. A partir das catro da tarde, os barcos participantes disputaranse a vitoria en varios percorridos barlovento/sotavento.
Tras a primeira etapa celebrada o pasado fin de semana, lideran a competición, nas diferentes categorías, o Fend la Bise del Yate Clube do Porto, o Burla Negra do Real Club Náutico de Vigo e o Virazón do Monte Real Club de Yates.
Unha vez finalizadas as probas celebrarase a entrega de premios aos gañadores nas instalacións do Monte Real Club de Yates, nun acto ao que asistirán os presidentes da Real Federación Española de Vela e a Federación Galega de Vela, xunto a representantes de Turismo Rías Baixas e do concello de Baiona, entre outras autoridades.