100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

A AD Vincios celebra a Festa do Deporte cun Cross Escolar, un Dúatlon e unha Carreira Popular

Publicada el 30 Ee abril Ee 2015 a las 8:15


ALBERTO RODRÍGUEZ.- A Agrupación Deportiva Vincios celebra o próximo sábado 9 de maio no Campo de Fútbol da Pasaxe a Festa do Deporte, co XXII Cross Escolar Sta. Mariña, o II Dúatlon Popular Sta. Mariña, a II Carreira Popular Sta. Mariña e a Mini Carreira Sta. Mariña.

 

Ás 16:30 horas comezará o XXII Cross Escolar, no que poderán participar atletas federados ou non federados, nas categorías infantís (2002-2003), alevíns (2004-2005), benxamíns (2006-2007), prebenxamíns (2008-2009), pitufos A (2010) e pitufos B (2011-...), e cadetes (2000-2001), tanto femininas coma masculinas.

 

Orde de saída das probas:

16:30 - Infantís - 1.200-1.600 m.

16:30 - Alevíns - 1.000-1.200 m.

16:50 - Benxamíns - 700 m.

17:10 - Pre-Benxamíns - 350 m.

17:30 - Pitufos A - 160 m.

18:30 - Cadetes - 4.000 m.

19:30 - Entrega de Premios

 

Ás 17:00 horas celebrarase o II Dúatlon Popular, no que poderán participar atletas federados ou non federados, con idade mínina de 16 anos. Será imprescindible para participar o uso de bici de montaña e casco.

 

O Dúatlon, de 20 quilómetros, terá primeiro unha proba de carreira a pé de 2 km., nun circuíto mixto de terra (90%) e asfalto (10%), e despois a proba de Bici de Montaña (18 km.), con 6 voltas ao circuíto longo da carreira a pé. Como diferenza ao Dúatlon clásico non haberá a segunda transición, e a entrada en meta será coa proba da bici.


Por último, ás 18:30 horas darán comezo a II Carreira Popular Sta. Mariña e a Mini Carreira Sta. Mariña, nas que poderán participar atletas federados ou non federados.

 

A Carreira disputarase nun circuíto de 3 km., mixto de terra (90%) e asfalto (10%), ao cal terán que dar dúas voltas. A Mini Carreira será unha volta no mesmo circuíto, e participarán xunto cos inscritos da categoría absoluta nesta proba os atletas da categoría cadete do XXII Cross Escolar.

 

O XXII Cross Escolar é gratuíto, pero as probas populares teñen un custo de inscrición de 5 euros. O prazo de inscrición para calquera das probas remata o martes 5 de maio ás 24:00 horas, e pódese formalizar no correo electrónico [email protected] ou no Centro Cultural de Vincios.

 

Servizo de gardaría e duchas

 

Durante a celebración das probas estará dispoñible un servizo de gardaría para os fillos e fillas dos participantes nestas, así como duchas de auga quente e vestiarios no Campo de Fútbol.


 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

 

Categorías: Gondomar, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

96 comentarios