100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Chandebrito 1807 organiza un roteiro de recoñecemento de plantas e froitos silvestres comestibles

Publicada el 5 Ee mayo Ee 2015 a las 13:00


ALBERTO RODRÍGUEZ.- A Asociación "Chandebrito 1807" organiza o sábado 16 de maio dende as 11:00 ata as 14:00 horas un roteiro de recoñecemento de plantas e froitos silvestres comestibles. Despois do percorrido guiado por César Lema, biólogo e permacultor, os participantes compartirán unha comida co que cada un leve e/ou o que recolla. Para participar non é necesario inscribirse.

 

Pola tarde, de 16:00 a 19:00 horas, haberá un obradoiro de cociña silvestre no que Patri cociñará diferentes pratos coas plantas vistas durante o roteiro. O número de prazas está limitado a 15, polo que será necesario anotarse antes para participar.

 

O lugar de encontro para o roteiro será na antiga escola infantil de Chandebrito, Rúa da Igrexa, 2, ás 10:30 horas.

 

As dúas actividades teñen prezo libre. Cada participante poñerá o valor en función da calidade da información, profesor, ámbito, a súa economía... e no caso do roteiro, o custo pódese cambiar por aceite usado de cociña.

 

Para máis información ou inscricións está dispoñible o correo electrónico [email protected] ou a través de SMS ao teléfono 667 380 223.


Categorías: Gondomar, Cultura/Ocio, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

96 comentarios

Responder harvir
23:33 Eel 31 Ee enero Ee 2022