100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Gondomar Concello Aberto denuncia o perigo de afundimento que supón o mal estado da estrada na zona de Paraboa

Publicada el 5 Ee mayo Ee 2015 a las 14:00


REDACCIÓN.- Dende Gondomar Concello Aberto denuncian públicamente a situación de indefensión fronte o Concello que viven os vecinos e veciñas de Paraboa (Chaín) e os barrios da zona por mor do perigoso estado da estrada en pendente que fai de acceso aos seus barrios dende a vía Gondomar-Vincios.

 

Son varias as denuncias por rexistro dos vecinos e veciñas de Paraboa que dende fai tempo son conscientes do mal estado da estrada, que coa choiva afundiuse pola pendente lateral que linda con Hormigones Gondomar.

 

Segundo Josué Villar, candidato á alcaldía da formación, as únicas medidas do concello ate o momento foron a colocación dunha tela de plástico que non arranxa nin reduce o problema, e facer a vía de dirección única mentres a estrada vai perdendo metros.

 

“Ademáis de que parte da estrada xa cedeu e precipitouse pola pendente, decatámonos de que alguén botou formigón e entullo para “parchear”, pero lonxe de arranxar a problemática, isto só empeorou as situación, xa que todo ese formigón cedeu xunto parte de estrada, rematando no monte ao lado da mesma”, asegura.

 

Dende Gondomar Concello Aberto denuncian a falta de vontade política do Concello, que sendo coñecedor da situación non foi quen de artellar ningunha solución nunha estrada competencia súa, nin tampouco foi quen de por medidas de protección ante o perigo de afundimento. “Ademáis é responsable directo do entullo que agora atópase no monte a carón da estrada, por acción ou omisión”.

 

En último lugar, hai que destacar que outra medida que só fixo complicar máis as cousas, foi o segundo “parche” do concello ante o afundimento progresivo de parte da estrada, que foi o de facer da estrada unha vía de dirección única, complicando a accesibilidade aos veciños e veciñas que viven preto do punto conflitivo.

 

“O perigo de afundimento por mor da choiva é elevado, xa que as filtracións poñen en perigo a base mesma da estrada”, conclúe Villar.


 

 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

 

Categorías: Gondomar, Sociedade, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

89 comentarios

Responder wonkafe
21:30 Eel 22 Ee enero Ee 2022 
Responder neollaul
13:23 Eel 31 Ee enero Ee 2022