Publicada el 11 Ee mayo Ee 2015 a las 15:00 |
REDACCIÓN.- O candidato á reelección, Alberto Valverde, visitou hoxe a parroquia de Camos, nunha charla celebrada nas instalacións do Centro Cultural A Camoesa. A ampliación da rede de abastecemento de auga a Camos, foi un dos temas abordados, unha actuación valorada en 828.831 euros financiada a través da Xunta de Galicia, que arrancará nos próximos meses, e que deberá estar finalizada antes de que finalice o presente exercicio.
Esta actuación súmase á ampliación do abastecemento de auga á parroquia de Parada, que tamén se fará efectiva este ano a través do convenio plurianual subscrito polo grupo municipal popular con Augas de Galicia, e que conta cun investimento de 580.000 euros.
En total, o grupo municipal popular destinou nun só mandato máis de tres millóns de euros procedentes das administracións autonómica, provincial e local, dando cumprimento ao compromiso adquirido cos veciños de Nigrán nas eleccións de 2011. "Unha cifra histórica, especialmente atendendo á conxuntura económica dos últimos anos, na que se inclúen a ampliación da capacidade da ETAP de Condomínguez e diversos saneamentos, como o da Rúa Salgueiral, en Camos", apuntou Valverde,
Neste sentido, o candidato popular subliñou a xestión do PP de Nigrán nos catro últimos anos. "Somos un equipo de feitos, que cumpriu máis do 90% dos compromisos adquiridos cos veciños hai catro anos, polo que vos pido unha vez máis vosa confianza no noso proxecto, o único proxecto sólido e fiable para o noso municipio", sinalou.
Compromisos cumpridos
Entre eses compromisos, Valverde destacou tamén a finalización da humanización da Rúa San Roque, unha das principais arterias de comunicación da parroquia, "unha actuación cuxa conclusión foi ignorada por anteriores corporacións, e á que o PP de Nigrán deu resposta".
O soterramento do tendido eléctrico da Rúa San Roque, pendente dos informes sectoriais da Xunta de Galicia para iniciar a súa licitación, e os asfaltados de camiños, como Viñas, Baleazas, Carballeira, Milisozas, Lodeiro e Rial, completan as promesas cumpridas por parte do grupo popular coa parroquia de Camos, estas tres últimas actuacións que empezarán nas próximas semanas.
Mellora de pluviais
A pesar das actuacións realizadas en materia de abastecemento de auga, que dan resposta nun só mandato a dúas demandas históricas do municipio, o candidato do PP de Nigrán avanzou a necesidade de seguir traballando en completar a infraestrutura hidráulica do municipio, así como no sistema de augas pluviais, "un problema que afecta a todo o termo municipal, para o cal formulamos un plan de mellora e acondicionamento da rede de pluviais".
Categorías: Nigrán, Municipais 2015, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.