100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Baiona aproba de forma definitiva o Plan Especial de Ordenación do Porto

Publicada el 21 Ee mayo Ee 2015 a las 9:05


REDACCIÓN.- Tras máis de dez anos dende o inicio do procedemento do Plan Especial de Ordenación do Porto, este xoves aprobouse definitivamente en pleno extraordinario da corporación de Baiona, cos votos a favor do PP, os votos en contra de PSOE e BNG e a abstención do concelleiro non adscrito Antonio Amorín.

 

O Plan Especial formula unha oportunidade importante para a relación da cidade e o desenvolvemento marítimo, na que non pode esquecerse que o porto é un elemento característico do desenvolvemento da vila. A necesidade de aprobación dun documento que permita potenciar ao máximo as actividades portuarias e náutico-recreativas cumprindo a normativa, contribuirán á dinamización da actividade económica, e a poñer en valor a singularidade e beleza da nosa baía, coa Muralla de Monterreal como pano de fondo, un dos nosos sinais de identidade.

 

Ademais de perseguir como obxectivos fundamentais unha axeitada integración das edificacións previstas coa trama urbana minimizando o impacto visual que poidan xerar, creando un axeitado paseo peonil así como carril bici.

 

Durante o período de exposición pública presentouse unha única alegación, ademais de obterse todos os informes sectoriais das diferentes administracións e asociacións ecolóxicas (incluídas en calidade de público interesado).

 

En data 10/3/2015 a Xunta de Galicia remitiu a Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental coa Memoria Ambiental favorable.

 

Apróbase provisionalmente en Xunta de Goberno de data 26/3/2015 remitíndose a informe de Portos de Galicia, Costas do Estado e Xunta, trámite previo para a súa aprobación definitiva.

 

O Plan Especial adáptase aos parámetros dos documentos urbanísticos aprobados con anterioridade como son o PEPCHAB e PXOM 2014, incluído o relativo a usos autorizados, parámetros urbanísticos e normativa.

 

Tras as sondaxes realizadas na ría de Baiona, o Ámbito do Plan encóntrase baixo control arqueolóxico debido ao Patrimonio Cultural subacuático aparecido onde se recoñeceu a importancia histórica do Porto de Baiona, poñendo de manifesto a existencia de tres pecios.


Aprobación definitiva


A proposta de Ordenación do Plan Especial do Porto de Baiona resúmese nun cadro dentro do documento, onde considera as características de cada ordenanza onde se sectoriza o Plan:


ORDENANZA 1. Actividades complementarias para abrigo do porto.

Comprende a superficie e instalacións do dique de abrigo do porto.

Usos admitidos: Peonil e abrigo.


ORDENANZA 2 a. Zona náutico-deportiva existente.

Corresponde á zona cualificada con este uso, próxima ao edificio do Monte Real Club de Iates.

Usos admitidos: Náutico-recreativo. Almacén e industria. Instalacións de subministración de combustible a embarcacións.

Requírese informe favorable da Consellería de Patrimonio.


ORDENANZA 2 b. Zona náutico-deportiva en execución.

Corresponde ao espazo terrestre da concesión administrativa de terreos de dominio público portuario outorgada para a construción e explotación de instalacións para a navegación deportiva, ao sueste do peirao pesqueiro existente.

Usos admitidos: Náutico-deportivo. Almacén e industria. Instalacións de subministración de combustible a embarcacións. Comercial. Restauración (uso complementario portuario). Oficinas. Rede viaria. Peonil. Garaxe aparcadoiro.

Edificabilidade: 0.15 m2/m2.

Número de plantas: 1 (B), salvo edificio de servicios(B+1). Altura ata cornixa 3.60 m

Permítense sotos e semisotos.

Outras Condicións: Permítese o libre acceso perimetral (paseo peonil e carril bici)a peóns e o aparcadoiro soterrado en todo o ámbito. Admítense instalacións de carácter desmontable autorizadas conforme á normativa sectorial. Requírese presentación dun estudo de impacto visual respecto alturas e materiais a utilizar.

Requírese informe favorable da Consellería de Patrimonio.

Edificabilidade dentro da Área de Movemento.

 

Recordar que se diminuíu a edificabilidade da proposta inicial de 0.30 m2/m2 a 0.15 m2/m2 na aprobación definitiva.


ORDENANZA 3. Zona peonil.

Corresponde ás zonas destinadas exclusivamente á circulación de peóns.

Usos admitidos: Peonil/carril bici.

Outras condicións: Admítese o carril bici onde a sección transversal o permita. Admítense instalacións de carácter desmontable cuxa actividade sexa de interese social.

 

ORDENANZA 4. Zona garaxe-aparcadoiro.

Corresponde ás zonas destinadas ao aparcadoiro de vehículos e ordenación de entrada no porto.

Usos admitidos: Garaxe-aparcadoiro.

Outras condicións: Admítense casetas de garda e marquesiñas para o uso peonil.


ORDENANZA 5. Zona pesqueira.

Corresponde aos espazos onde se desenvolve a actividade pesqueira do porto, incluíndo o desembarco de capturas dende os buques e o seu posterior manipulación, almacenaxe e comercialización, así como a prestación dos servizos necesarios para as frotas e en xeral calquera actividade necesaria para o mellor funcionamento do sector pesqueiro.

Usos admitidos: Pesqueiro. Comercial. Restauración (uso complementario portuario). Almacén e industria. Instalacións de subministración de combustible a embarcacións.

Edificabilidade: 0.27 m2/m2.

Número de plantas: Existente: 2 plantas (B+1). Novos edificios: unha planta (sótano+B).

Outras condicións: Excepcións á altura máxima en caso de instalacións singulares. Requírese presentación dun estudo de impacto visual respecto alturas e materiais a utilizar.

 

ORDENANZA 6. Zona de protección ambiental.

Defínese esta zona no plano de ordenación, que corresponde co tramo de costa que vai dende o arranque do dique ata a praia de Barbeira.

Usos admitidos: Peonil.

Outras condicións: Prohibición de novas edificacións.

 

ORDENANZA 7. Zona de pasaxe.

É o correspondente a aqueles espazos nos que preferentemente se desenvolven as actividades comerciais de servizo á pasaxe, tanto ao embarque e desembarque de pasaxeiros como á carga e descarga de equipaxes e vehículos en réxime de pasaxe. Esta zona sitúase no peirao pesqueiro do porto de Baiona, na explanada portuaria sobre piares que se encontra en fronte á lonxa.

Usos admitidos: Comercial de pasaxe. Comercial. Restauración (uso complementario portuario).

Edificabilidade: 1 m2/m2.

Número de plantas: 1 planta (B).


Segundo o gobernó municipal, trátase dun documento útil e necesario para Baiona, tramitado con escrúpulo e máximo respecto á legalidade e criterios de sostibilidade ambiental, así como rigoroso co patrimonio cultural e fachada marítima.



 

 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif

Categorías: Baiona, Sociedade, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

92 comentarios