Publicada el 25 Ee mayo Ee 2015 a las 9:15 |
REDACCIÓN.- Esta semana comezaron os labores de mellora na Praia Barbeira efectuados por Costas do Estado. O Concello de Baiona, sensible co seu patrimonio ambiental e en concreto coa Praia Barbeira, un dos 4 areais semiurbanos que rodean a fortaleza de Monte Real e que unha vez máis conseguiu a Bandeira Azul para este verán 2015. "Isto impúlsanos á súa mellora constante, de aí que se estea a proceder a depositar area de praia dunha calidade excelente e con todas as garantías en canto ás analíticas de granulometría, que farán que os usuarios da Barbeira gocen dun mellor impacto visual, así como do seu uso e goce, máis cando é unha das praias máis recollidas, tranquilas e ambientais do noso municipio", aseguran dende o goberno municipal.
Os traballos que actualmente está a realizar a empresa TRAGSA prolongaranse durante 4 días, tempo necesario para estender os 700 m3 de area a esparexer nos 3.000 m2 de praia, dende a liña de preamar ata a zona máis alta do areal. Esta actuación persegue manter a excelencia destes areais e recibir os bañistas nesta época estival, que se adiantou grazas ás altas temperaturas que se están a rexistrar estes días.
Categorías: Baiona, Sociedade, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.