100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

A Residencia de Tempo Libre de Panxón acolle ata o domingo as segundas xornadas de "Convivencia en Feminino"

Publicada el 29 Ee mayo Ee 2015 a las 11:25


ALBERTO RODRÍGUEZ.- A Residencia de Tempo Libre de Panxón acolle dende hoxe e ata o próximo domingo a “II Convivencia en Feminino: Saúde entre mulleres”, que organiza a Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama, ADICAM.

 

Trátase dunhas xornadas de convivencia para socias de ADICAM e mulleres con enfermidades crónicas como a diabetes, cancro, fibromialxia. O programa inclúe as charlas “Prevención do cancro de mama”, “Sexoloxía”, “A muller fronte a depresión” e “Uso de aloe vera”; o taller “Risa activa”, pilates na Praia de Panxón e excursión ao ecosistema dunar, e un curso de cociña sa. No tocante ao ocio e lecer, tamén gozarán dun concerto de Sabina e Cía e dunha sesión de karaoke.

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, que participou hoxe no acto de inauguración, agradeceu o traballo “impagable” de ADICAM e animou ás participantes a “seguir mirando de fronte ao futuro, con coraxe e superación”.

 

A secretaria destacou o traballo do asociacionismo feminino e de xornadas para compartir experiencias como a de hoxe, cuxa principal finalidade é que a muller retome o “dereito a coidar de si mesma” e non só dos demais, como se viña facendo tradicionalmente.

 

A experiencia, explicou, contribuirá a paliar dúas das principais eivas que se teñen detectado á hora de afrontar a enfermidade: que ningunha muller se sinta soa e desorientada e, sobre todo, normalizar a percepción que existe na sociedade sobre o cancro de mama.

 

Quince anos de traballo

 

ADICAM naceu en Cangas no ano 2000 coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua para conseguir que as mulleres afectadas polo cancro de mama teñan unha mellor calidade de vida e benestar. O seu traballo xira ao redor de tres áreas fundamentais: información e sensibilización, asistencial e prevención.

 

O cancro de mama representa o tipo de cancro máis frecuente na muller, cunha incidencia anual de máis de 26.000 casos no conxunto de España, o que se traduce no 30 por cento de todos os tumores femininos.

 

 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

 

Categorías: Nigrán, Sociedade, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

99 comentarios