100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Fuster mantense líder e Iván Ares ascende o segundo posto

Publicada el 30 Ee mayo Ee 2015 a las 10:40


REDACCIÓN.- Miguel Fuster conseguiu ampliar a súa vantaxe á fronte da clasificación xeral provisional do 51 Rally Rías Baixas durante a disputa dos dous primeiros tramos da segunda etapa. O piloto alicantino comezou esta xornada como rematou a do venres, anotándose o scracth. Neste caso marcou o mellor tempo na especial de Fornelos. O Porsche de Fuster empregou 24.7 segundos menos que o de Sergio Vallejo en percorrer a cronometrada máis longa do "Rías" e ampliou a súa vantaxe na clasificación xeral sobre o piloto lucense ata os 30".

 

O segundo mellor crono en Fornelos conseguiuno Iván Ares, que entrou en meta a 14.7 segundos de Fuster. O piloto coruñés comezou esta etapa con moi boas sensacións e demostrouno tamén na disputa do tramo de As Neves onde marcou o mellor crono cunha vantaxe de 6.7 segundos sobre Miguel Fuster (que foi segundo) e 12.6 sobre Vallejo. Un tempo que lle permitiu alcanzar o segundo posto da xeral provisional relegando o actual Campión de España de rallys de asfalto á terceira posición.

 

Cuarto da xeral, ao termo da terceira sección do "Rías" é Pedro Burgo, a 57.2 de Miguel Fuster e quinto, a máis de dous minutos Jonathan Pérez, piloto que lidera a clasificación da Mitsubishi Evo Cup cunha vantaxe de 1.05.6 sobre Cristian García.

 

Na Copa Clio R3T, Fran Cima ampliou a súa vantaxe sobre Joao Ribeiro, e sácao xa 1.53.4.

 

E entre os R2 hai cambio de líder. Víctor Senra superou a Esteba Vallín tras marcar o mellor crono nestas dúas primeiras especiais do sábado.

 

A nota negativa desta terceira sección protagonizouna Edgar Vigo, que sufriu unha aparatosa saída de vía no tramo de As Neves, sen consecuencias graves. Tamén se viron obrigados ao abandono por distintos problemas nos seus vehículos, Oscar Mouriño (número 44), Germán Gómez (47), Diego Cambeiro (54), Marcelino Giráldez (número 55), Vanesa Pérez (número 60), Angel Paniceres (número 14)

 

Reagrupamento en Porriño

 

Tras a disputa da terceira sección do 51º Rally Rías Baixas, os vehículos de competición permaneceron durante media hora reagrupados no Parque de Porriño.

 


 

 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif

Categorías: Val Miñor, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios