100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

O CB Nigrán abre o prazo de matrícula do seu campamento de verán

Publicada el 30 Ee mayo Ee 2015 a las 10:50


REDACCIÓN.- O Club Baloncesto Nigrán organiza en colaboración co Concello de Nigrán o seu campamento de verán para a semana do 20 ao 24 de Xullo en horario de 10 a 14 horas.

 

Trátase dun campamento destinado a nenos e nenas de 4 a 17 anos que gozarán de diferentes actividades deportivas, acuáticas e xogos populares que se levarán a cabo no Pavillón Municipal e na propia Praia de Panxón. Ademais algunha delas desenvolverase en inglés co obxectivo de reforzar a competencia lingüística dos máis pequenos neste idioma.

 

Todas e cada unha das actividades serán programadas e desenvolvidas por Adestradores Superiores de baloncesto e licenciados en INEF, todos eles con ampla experiencia en actividades deste tipo en clubs de gran traxectoria como o Celta de Vigo ou o Seis do Nadal.

 

Os nenos e nenas participantes gozarán dunha merenda diaria e unha camiseta de regalo, ademais dun obsequio para todos os participantes.

 

Todos aqueles interesados poden informarse a través do blog do propio club ( http://baloncestonigran.blosgpot.com), da Directora Deportiva do Club (Nuria Gómez - Teléfono 647 048 966), ou na Oficina de Turismo de Nigrán (Teléfono 986 368 734), onde se poderá facer a inscrición.


Categorías: Nigrán, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios