100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Este venres concentracion contra a modificacion da lei do aborto na ponte de A Ramallosa

Publicada el 26 Ee septiembre Ee 2012 a las 19:20


A Plataforma Galega en defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, que integra, ate o de agora, a 31 Organizacións de toda Galicia, incluindo Sociedade Civil, Sindicatos, Asociacións de Mulleres, Colectivos en defensa da Sanidade, de Planificación Familiar, Partidos Políticos e outras Entidades Sociais, únese, baixo o Manifesto “Decidir Fainos Libres” ao Movemento do Día de Acción Mundial do 28 de Setembro, polo Acceso ao Aborto Legal, Seguro e Gratuito, baixo o lema “Porque o dereito a decidir é un Dereito Humano Fundamental: Nin un paso atrás na nosa cidadanía! Por unha Lei do Aborto que respecte os Dereitos das Mulleres!".


A Representación da Plataforma Galega en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, na Comarca do Val Miñor, convoca unha concentración para expresar o seu rexeitamento ó proxecto de modificación da lei do aborto que está levando a cabo o actual goberno, este vindeiro venres 28 de setembro ás 20:00h. na Ponte Románica de A Ramallosa.

 

Categorías: Baiona, Gondomar

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios