100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Nigrán acolle o XXVIII Campionato Rexional Galego de ornitoloxía

Publicada el 25 Ee octubre Ee 2014 a las 6:20


Do 26 de outubro ao 2 de novembro celébrase en Nigrán o XXVIII Campionato Rexional Galego de ornitoloxía, organizado pola Asociación de Criadores de Aves Exóticas de Galicia (Gondomar), o Club Ornitolóxico Galego (Vigo), a Sociedade Ornitolóxica Rías Baixas (Vigo), e a Sociedade Ornitolóxica Redondelana (Redondela), auspiciado pola Federación Ornitolóxica Rexional Galega.


O certame desenvolverase na Avda. Val Miñor, nas antigas instalacións da Ferraxaría Alfaya. A inauguración e apertura ao público será o domingo 26 de outubro ás 17:30 horas. Os exemplares poderanse contemplar do 26 ao 31 de outubro en horario de 17:30 a 20:00 horas, o 1 de novembro de 11:00 a 13:00 e de 17:30 a 20:00 horas, e o día 2 de 09:00 a 12:00 horas, momento en que se procederá á clausura, entrega de premios e retirada de exemplares.


Conferencia "Canarios de forma e posición"


Como preludio ao concurso, este sábado 25 de outubro ás 19:00 horas terá lugar a conferencia "Canarios de forma e posición", a cargo do xuíz italiano da OMJ e socio de ACAE Galicia Antonio Passeri, 38 veces Campeón Mundial en varias especialidades, e que acode ao campionato correndo el mesmo con todos os gastos de desprazamento. A entrada é gratuíta.



 photo ANUNCIOBAITERRAWEBSINRENTA_zps3ab63849.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

Categorías: Nigrán, Sociedade, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

85 comentarios