100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

O Concello de Baiona subscribe un convenio de colaboración co Erizana Club de Fútbol

Publicada el 22 Ee enero Ee 2015 a las 8:50


O Concello de Baiona, a través do seu alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, e o Erizana Club de Fútbol, representado polo seu presidente, Manuel Goce Ratel, asinaron un convenio de colaboración co fin de establecer as bases de cooperación entre ambas as dúas entidades.


Coa firma deste acordo establécense as bases, para por un lado, promover, formar, desenvolver, preparar e difundir o Fútbol Base entre os mozos do municipio, e por outro, para a utilización e mantemento do Campo de Fútbol Val de Martín e Aral-Fontiñas.


Segundo recolle o mesmo, o Erizana utilizará o campo de Fútbol de Val de Martín para os seus adestramentos e os partidos de competición, e o Campo de Aral-Fontiñas para adestramentos en xeral e partidos de competición das categorías inferiores, sempre na forma que determine o Concello e facendo bo uso das instalacións. Pola súa banda o Club de Fútbol, entre outras, encargarase do pintado do campo, mantemento do céspede e o transporte dos equipos, sendo tamén da súa responsabilidade o control e vixilancia das instalacións.


O Alcalde quixo agradecer ao Club Erizana o seu potenciamiento do deporte e que "represente a Baiona".


Neste sentido, o presidente do Club, agradeceu a colaboración do concello, xa que "grazas a este convenio, o Club continúa desenvolvendo actividades, e potenciando o ámbito deportivo local".


 photo ANUNCIOBAITERRAWEBSINRENTA_zps3ab63849.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg 


Categorías: Baiona, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios