100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

O Club de Loita Sabarís consegue catro medallas de Ouro e unha de Prata en Santiago

Publicada el 1 Ee marzo Ee 2015 a las 9:45


ALBERTO RODRÍGUEZ.- O Club de Loita Sabarís participou este sábado nos Campionatos Galegos Júnior e Escolar de Loita Libre Olímpica, celebrados no Pavillón Municipal do Restollal de Santiago de Compostela.


O club baionés obtivo o terceiro posto por equipos, tanto na categoría Júnior como na Escolar. No medalleiro individual, os Escolares Anxo Urzal (47 kg), Matías Rajo (54 kg) e Diego Otero (59 kg) conseguiron o Ouro. Na categoría Júnior, Nicolás Parada conseguiu o Ouro en 86 kg e Diego Otero a Prata en 54 kg.


A competición, organizada pola Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Stellae e o Concello de Santiago, contou cun total de 158 inscritos para as categorías Júnior e Escolar. En total participaron 16 equipos representando as catro provincias galegas.


Este campionato, que se desenvolveu en tres tapices oficiais de 12 x 12 metros, foi o primeiro filtro para seleccionar os deportistas que acudirán aos campionatos de España representando a Galicia, e que se celebrarán o próximo sábado 28 de marzo.



 


Categorías: Baiona, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios