100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

O domingo celebrarase a primeira edición do Trail Desafío Oia, cun percorrido de 24 km e 1.400 metros de desnivel

Publicada el 24 Ee marzo Ee 2015 a las 9:05


REDACCIÓN.- Esta mañá presentouse, na localidade de Oia, a primeira edición da carreira Trail Desafío Oia, organizada pola Comunidade de Montes de Oia e o Club de Montañismo e Orientación Cornelios, e no que colabora Banco Mediolanum.


O acto contou coa presenza, entre outros, do alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez; o presidente de Cornelios, Diego Fernández; e o copiloto de rallye e recentemente premiado na Gran Gala do Deporte de Vigo, Cándido Carreira, que exerce como padriño do evento.


A proba, que se disputará o próximo domingo 29 de marzo, a partir das 10 horas, e na que xa hai preto de 200 persoas inscritas, terá un percorrido de 24 km, con 1.400 metros de desnivel. O seu inicio e meta situaranse ambos os dous no emblemático Mosteiro de Oia e percorrerán a Serra da Groba, caracterizada por elevacións de ata 500 metros que caen case a nivel do mar.


Segundo comentou o presidente de Cornelios, Diego Fernández, "esta carreira nace da idea que un trail debe ser unha carreira dura, esixente, de forza, non tanto de velocidade... que cando a rematas o primeiro que pensas é "o ano que vén volvo", esa é a idea... un DESAFÍO".


A inscrición inclúe seguro, bolsa de corredor, dous avituallamentos, gardarroupa e dereito a ducha. Ademais, cada participante levará un dispositivo gps que lle facilitará a organización, por control e seguridade do recorrido e que permitirá que se poida seguir, a tempo real, a situación dos corredores nun mapa online habilitado no devandito portal.


Por outra parte, a través da web www.desafioia.es, poderanse coñecer os requisitos de participación e outros detalles como o percorrido, os horarios, os patrocinadores, etc.


Iniciativa solidaria


Ademais, cabe destacar o compoñente solidario do I Trail Desafío Oia. Un euro de cada inscrición á carreira irá dedicado a axudar a familias necesitadas do municipio, a través do departamento de Asistencia Social do Concello de Oia. Co montante recadado, poderán cubrirse necesidades básicas de persoas con poucos recursos, como o pagamento de facturas, comida, etc.


 photo BAITERRA 2015 WEB_zpsz4cpg6zp.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg


Categorías: Oia, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios