Publicada el 8 Ee abril Ee 2015 a las 13:40 |
ALBERTO RODRÍGUEZ.- A Comisión Electoral de Gondomar Concello Aberto fixo públicos este mércores os datos do reconto de votos das eleccións primarias celebradas durante a xornada do martes no local da agrupación, situado na Rúa Elduayen 17, e nas que concorrían 32 persoas para a confección da súa candidatura ás Eleccións Municipais do próximo 24 de maio.
Na mesa dispuxéronse dúas urnas, unha para elixir a candidatura ao Concello de Gondomar e outra para a Entidade Local Menor de Morgadáns.
En votación aberta entre as 9 e as 21 horas alcanzáronse 389 votos emitidos, 385 deles válidos e os 4 restantes nulos, para a candidatura ao Concello, e 262 votos emitidos, 259 deles válidos e 3 nulos, para a candidatura á Entidade Local Menor de Morgadáns.
Despois do reconto efectuado esta madrugada os resultados son os seguintes:
Candidatura ao Concello:
Candidatura á Entidade Local Menor de Morgadáns:
1. Pura González Martínez: 259 puntos
Polo tanto, Josué Villar será o candidato á alcaldía de Gondomar e Pura González á Entidade Local Menor de Morgadáns. A lista definitiva elaborarase atendendo aos criterios considerados no Regulamento de Primarias de Gondomar Concello Aberto e a aceptación dos postos por parte das candidatas e candidatos.
Categorías: Gondomar, Galego, Municipais 2015
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.