100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

O CB Nigrán de novo nas convocatorias da Federación Galega de Baloncesto

Publicada el 16 Ee abril Ee 2015 a las 18:30


REDACCIÓN.- As xogadoras Alevíns do Club Baloncesto Nigrán, Iria Rey Pereira e Yasmine Amado Figueiró, foron seleccionadas de novo pola Federación Galega de Baloncesto para asistir ao CETI pechado que terá lugar o próximo día 26 no Pavillón Municipal de Tui.

 

Esta actividade, dirixida polo persoal técnico da Federación Galega de Baloncesto, forma parte do Programa de Tecnificación previsto pola Área Deportiva da propia Federación para esta tempada 2014-2015, tratándose dun CETI pechado para os nados nos anos 2003 e 2004, tanto masculino (de 16:00 a 17:30 horas) como feminino (de 17:30 a 19:00 horas).

 

Dende o Club Baloncesto Nigrán queren felicitar a estas dúas xogadoras polo traballo e esforzo diario realizado en cada adestramento e que se ve recompensado con esta nova convocatoria nun CETI da Federación Galega de Baloncesto.

 

 photo BAITERRA 2015 WEB_zpsz4cpg6zp.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg


Categorías: Nigrán, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios