100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

IXG ofrece unha proposta próxima e implicada para Morgadáns

Publicada el 1 Ee mayo Ee 2015 a las 6:35


REDACCIÓN.- O equipo de Iniciativa por Gondomar para a Entidade Local de Menor de Morgadáns defínese como un equipo traballador, con experiencia e preocupado por todo o que sucede na súa parroquia. Os seus integrantes, sempre estiveron implicados participando activamente nas iniciativas que se levan a cabo nela.

 

Teñen a convicción de que a xestión da Entidade Local debe levarse a cabo tendo como base a escoita activa e o diálogo, deixando de lado as cores políticas. Á hora de tomar decisións, debe primar sempre o beneficio de todos os veciños de Morgadáns.

 

A candidatura de Iniciativa por Gondomar para a Entidade Local Menor de Morgadáns fórmana Javier Gregores, Vanessa Fernández, Ricardo Rodríguez, Pepe González, Alejandro Barreiro e Alberto González.

 

Unha parte importante deste equipo xa xestionou a devandita entidade e ten a experiencia para volver levalo a cabo con ilusión e forzas renovadas. Son persoas que formaron parte das Comisións de Festas, do Grupo de Baile, do Centro Cultural, da Comunidade de augas... En resumo, saben e desenvólvense en todas as organizacións e actividades que hai dentro da parroquia.


 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

 

Categorías: Gondomar, Municipais 2015, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios