100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

A Cabeciña de Mougás celebra a súa primeira festa da Cervexa Artesá

Publicada el 7 Ee mayo Ee 2015 a las 13:40


REDACCIÓN.- Dentro do programa de actividades culturais do Proxecto Mougás, o vindeiro sábado 6 de Xuño terá lugar a I Festa da Cervexa Artesá da Cabeciña. O evento terá lugar durante o día, a partires das 12:30, no complexo arqueolóxico da Cabeciña. “Trátase de dinamizar o enclave da Cabeciña, dotalo de novos significados e que os veciños o sintan como seu” comenta Venancio Miniño, Presidente da Comunidade de Montes de Mougás.


O obxectivo principal da xornada é o de probar cinco estilos de cervexa diferentes elaborados polos cervexeiros de La Micro en Baiona. Destas cinco cervexas sairá unha elixida que levará A Cabeciña como marca e será comercializada.


Para que todo o mundo poida probar todas as cervexas, estas terán un prezo moi popular, de 0´50€ cada caña. “O valor real destas cañas andaría polos 2´50€, pero faise un esforzo para achegar a cervexa artesá a todo o mundo e que poidan opinar” Sinala Xosé Gago, coordinador de Proxecto Mougás.


O evento está pensado tanto para xente da zona como para xente que se desprace. “É unha ocasión única para pasar unha fin de semana na zona e coñecer o entorno”, sinalan. Oia e Mougás ofrece alternativas de aloxamento para a xente que queira quedar: dous cámping, un albergue, casas rurais, etc.

Unha vez escollida a cervexa e comercializada, a estratexia pretende crear unha marca arredor do xacemento arqueolóxico da Cabeciña, e que se empece a coñecer o recurso en distintos lugares. Na etiqueta faranse referencias ao xacemento ou incluirase un código QR para que a xente poida ampliar información.


“Non se trata de facer un botellón na Cabeciña” sinalan da organización, senón de pasar un día agradable ao aire libre. Ademais das cervexas haberá unha serie de actividades que amenicen a xornada. Haberá actuacións musicais, visitas guiadas, demostracións de cerámica con técnicas antigas ademais de postos de comida e artesanía e outras sorpresas.


“Aínda non temos pechados horarios, pero haberá moita actividade. A xente poderá chegar ás 12:30 quedar a comer e pasar a tarde sen aburrirse. En breve sacaremos o cartel definitivo”, sinalan da organización.


As cervexas


Os irmáns Andrés e Roberto da cervexeira Trisk-Ale de Nigrán, foron os encargados de elaborar as cinco cervexas que se van degustar. “Elaboramos cinco tipos de cervexa, en cinco estilos diferentes para poder elixir a definitiva. Estamos moi contentos co resultado”, sinalan.


Estes dous irmáns emprendedores, fundaron a cervexeira Trisk-Ale e o pub La Micro, no mercado de Baiona onde se poden degustar as súas cervexas e outras artesás de todo o mundo.


A súa cervexa Summer Papa, xa está entre os clásicos da cervexa artesá galega e tamén é distribuída con gran éxito noutras partes de España. O seu traballo é sinónimo de calidade, tanto nas cinco probas que se farán o sábado 16 como na cervexa definitiva.


Os estilos de cervexa propostos para as probas son unha Pale Belga, dúas Pale Ale de carácter máis inglés, unha Red IPA de corte americano e por último unha Strong Scottish Ale. Esta última é unha cervexa de carácter moi especial, máis sofisticada e con maior graduación alcólica. 


 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

 

Categorías: Oia, Cultura/Ocio, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

101 comentarios

Responder wylykhri
2:04 Eel 31 Ee enero Ee 2022 
wylykhri b7f02f1a74 https://yongswaseycs.wixsite.com/nonlipasep/post/kernel-for-pdf-r
epair-crack
https://haitabuzzgokaco.wixsite.com/peipricmanop/post/nulled-acro
nis-disk-direc-download-windows-32-full-version
https://avverupchacad.wixsite.com/gitkechires/post/full-jacques-p
hilippe-la-confianza-en-dios-ebook-mobi-download
https://kapostrof4595.wixsite.com/pobnespcockschaf/post/roblox-ne
w-noclip-speed-btools-hack-for-jailbreak-works-on-any-game-workin
g-macosx
https://semondsbp.wixsite.com/alinubab/post/nero-2014-platinum-v1
5-0-02200-serial-x64-utorrent-zip-software-full-version
https://resgebundnerhago.wixsite.com/ualildamcont/post/winrar-x64
-64-bit-5-21-final-key-team-eat-alien-download-pc
https://solinas2567o.wixsite.com/manvecari/post/digital-anarchy-b
eauty-box-crack-jugar-bustamante-fue
https://dectamuchanconslil.wixsite.com/stenislis/post/mario-forev
er-ver-4-0-sh-team-pc-game
https://larissamanor361hyy.wixsite.com/gravinhedi/post/suicide-sq
uad-english-tamil-full-movie-bluray-1080p-torrent
https://itorensedest.wixsite.com/kenpitimo/post/epubsoft-kindle-d
rm-removal-32-zip-serial-professional