100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

A Xunta comproba os traballos de mellora nos camiños rurais Portelos e Outeiro

Publicada el 22 Ee mayo Ee 2015 a las 8:40


REDACCIÓN.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar, ven de rematar as obras que se executaron no municipio de Baiona ao abeiro do Plan Marco 2014-2015 de mellora de camiños de titularidade municipal no medio rural.

 

Esta mañá, o xefe territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar, Miguel Pérez Dubois, xirou unha visita técnica para comprobar o resultado dos traballos executados nas zonas de Baredo e Morade. Concretamente, realizáronse melloras nos camiños Portelos e Outeiro.

 

O departamento que dirixe a conselleira Rosa Quintana concedeu a axuda solicitada polo Concello de Baiona ao abeiro do Plan Marco do período 2014-2015 para executar estas melloras en camiños de titularidade municipal. As actuacións están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) dentro do marco PDR de Galicia.

 

As obras xa están rematadas e, para mellorar a seguridade de ambos viais que presentaban deficiencias no firme e no drenaxe lonxitudinal, realizáronse traballos previos de acondicionamento, pavimentado e restitución e incorporación de novas cunetas.

 

 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

 

Categorías: Baiona, Sociedade, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

80 comentarios