100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

O baionés Brais Gómez ocupa o segundo posto no Trofeo Ciclista Concello de Carballo

Publicada el 25 Ee mayo Ee 2015 a las 13:05


ALBERTO RODRÍGUEZ.- O baionés Brais Gómez, pertencente á Escola de Ciclismo de Redondela, conseguiu este sábado o segundo posto na categoría infantil do Trofeo Ciclista Concello de Carballo, unha proba que leva xa máis de 20 anos de traxectoria e que é unha das poucas en estrada de Galicia que inclúe as mulleres, mantendo, ademais, as mesmas contías nos premios en categoría masculina e feminina.

 

A carreira, organizada polo Club Ciclista Carballo-Placasa coa colaboración do Concello, inclúe as modalidades de promesas, infantís, alevíns, cadetes e júnior. Nesta edición contou coa participación de máis de 200 corredores de toda Galicia, e mesmo de Castela e León.

 

Brais tivo que completar un total de 9 voltas a un circuíto de 1,6 quilómetros polas rúas da capital municipal, sumando un total de 14,4 quilómetros de carreira. O campión da categoría foi Miguel Ángel Mera do Club Ciclista Compostelano, mentres que a terceira posición a ocupou Rubén Durán do Club Ciclista Carballo.

 

Categorías: Baiona, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios