100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Scratch para Vallejo e Ares na cuarta sección do "Rías" mentres Fuster mantén as diferenzas

Publicada el 30 Ee mayo Ee 2015 a las 11:05


REDACCIÓN.- Miguel Fuster mantense á fronte da clasificación xeral provisional do 51 Rallye Rías Baixas con 31.2 segundos de vantaxe sobre o seguinte clasificado, a pesar de non marcar ningún scratch neste novo bucle a Fornelos e As Neves..

 

O mellor tempo na segunda pasada por Fornelos anotoullo Sergio Vallejo. O lucense cubriu a especial máis longa do "Rías" empregando 2.5 segundos menos que Fuster, que se fixo o segundo mellor crono. Terceiro, a 9.7 segundos de Vallejo foi un Iván Ares que sería o protagonista do seguinte tramo.

 

O piloto coruñés repetiu scratch en As Neves; avantaxou en 4 segundos a Fuster e en 7.5 a Sergio Vallejo e volveu recuperar o segundo posto da xeral provisional en detrimento do lucense, que queda 5.7 de Ares.

 

Lonxe xa da cabeza, a 1:36:6 do líder e na cuarta posición da xeral, está Pedro Burgo. Por detrás do lucense e na quinta posición encóntrase agora Cristan García. O piloto aragonés foi o mellor da Mitsubishi Evo Cup na segunda pasada a Fornelos e As Neves e ergueuse ao liderado da copa, cunha vantaxe de 48 segundos sobre Jonathan Pérez.


Na Copa Clio R3T, Fran Cima avantaxa xa a Joao Ribeiro en máis de tres minutos.

 

E entre os R2 hai cambio de líder. Víctor Senra quedou só na loita polo primeiro posto tras o abandono de Esteba Vallín na segunda pasada ao tramo de As Neves, onde sufriu unha saída de vía.

 

A quinta e definitiva sección do 51 Rally Rías Baixas comezará ás 16:55 coa disputa do tramo de Maceira. Posteriormente os pilotos afrontarán a especial de Santa Marta, última desta cuarta proba do nacional de Rallys de asfalto.

 

 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif photo OCAFECINtildeOV2_zps2fbfb5d9.jpg

 

Categorías: Val Miñor, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

0 comentarios