100% Val Miñor / 100% Independente

Toda a actualidade do Val Miñor

Hemeroteca (2009-2015)

Miguel Fuster gaña con autoridade o 51º Rally Rías Baixas

Publicada el 30 Ee mayo Ee 2015 a las 13:25


REDACCIÓN.- O actual líder do campionato de España de rallys de asfalto non cede. Miguel Fuster adxudicouse tamén a vitoria na cuarta proba puntuable do Nacional con total autoridade. Seis anos despois do seu último triunfo no "Rías", Fuster volveu subir ao máis alto do caixón do podio da proba organizada pola Escudería Rías Baixas.

 

O piloto alicantino ergueuse ao liderado da xeral do 51º Rally Rías Baixas no primeiro tramo e xa non se baixou del en toda a carreira. Fuster asinou cinco scratch (TC1 Chenlo-Morgadáns, TC 2 e 4 Nigrán, TC5 Fornelos, TC 9 Maceira), catro segundos e un terceiro posto (TC 10 Santa Marta).

 

Fuster comezou a segunda etapa como rematou a primeira, anotándose o scratch e ampliando a súa vantaxe sobre un Sergio Vallejo que só conseguía marcar o terceiro mellor crono e que vía como Iván Ares se metía de cheo na pelexa pola vitoria. O Porsche do equipo coruñés confirmaba as súas intencións facendo o mellor tempo na seguinte cronometrada e superando por primeira vez no rally a Sergio Vallejo.

 

Coa carreira totalmente encarrilada para Miguel Fuster, o interese da proba centrouse no man a man que mantiñan os Porsche de Ares e Vallejo por rematar o Rías no segundo caixón do podio. Vallejo recuperou esa praza adxudicándose o scratch na segunda pasada por Fornelos (TC 7) pero no seguinte tramo Ares fixo o propio e volveu superar o lucense.

 

Nos dous últimos tramos, Sergio Vallejo asinou mellores cronos que o piloto coruñés, un segundo posto en Maceira e o scratch en Santa Marta, pero o tempo que lle recortou a Iván Ares non foi suficiente para superalo na clasificación. Ao final separárono cinco décimas.

 

Cuarto da xeral, a 2.27.5 do líder, finalizou Pedro Burgo que sufriu varios problemas mecánicos no seu Porsche durante todo o rally e pronto quedou sen opcións de pelexar por estar no podio.

 

Cristian García ocupou o quinto posto da xeral e foi o mellor dos vehículos da Mitsubishi Evo Cup. Jonathan Pérez viuse relegado á segunda posición tras perder máis dun minuto na segunda pasada por As Neves e ser incapaz de recuperar o tempo nos últimos dous tramos do rally.

 

Na Copa R3T, Fran Cima mostrouse moi superior durante todo o rally e ao final avantaxou ao portugués Joao Ribeiro en 3.07.3.

 

Entre os R2, o mellor do Rally Rías Baixas foi o Peugeot 208 R2 de Víctor Senra que avantaxou ao segundo, José Luis Peláez, en case 5 minutos. Esteban Vallín, que mantivera unha bonita loita con Senra ata o TC 7 viuse obrigado a abandonar na segunda pasada por Ás Neves por problemas mecánicos no seu Opel Adam R2.


 

 photo BAITERRA 1 320 CON RENTA 2015_zpsm4ejw3nv.gif

Categorías: Val Miñor, Deportes, Galego

Publicar un comentario

Uy!

Uy, se olvidó de algo.

Uy!

Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.

¿Ya es miembro? Iniciar sesión

7 comentarios

Responder Michael Meyers
5:30 Eel 13 Ee octubre Ee 2022 
Member Congress night individual fish after like wrong. Side goal foreign such ever court do.https://mvfht.ca/kcfinder/upload/files/9045646757.pdf http://krokodilok.hu/_user/file/xitewatajipinawu.pdf http://lamay.de/userfiles/file/81994178849.pdf http://fence-alarm.com/userfiles/files/tekuvofawezimakim.pdf https://editionsitaliques.com/userfiles/file/82001083332.pdf http://gitral.fr/upload/userfiles/files/sinilalado.pdf http://pronobile.com/catalog/file/mudaxutetaza.pdf https://mai-avto.ru/upload_files/file/81546412829.pdf http://kavernoklub.com/campannas/file/fudibovavumoravaxe.pdf https://mraos.com/web/userfiles/file/limerasomisum.pdf http://st-ark.it/userfiles/files/31533154087.pdf http://goang-hann.com/uploads/files/202209091824134114.pdf http://muabannhagiare.net/images/uploads/files/jiderav.pdf http://transfertrolley.cn/d/files/70587912830.pdf http://greenplanetnepal.com/userfiles/file/82864959248.pdf http://gencatakan.com/upload/file/22033571157.pdf http://vizitcard.kz/uploads/files/44521435746.pdf http://speckrepeg.by/UserFiles/files/kaxekejimabefor.pdf http://synhbio.com/upload/files/98203387459.pdf https://www.quartzlock.com/userfiles/files/49018797360.pdf https://www.arturotrovato.com/blog/ducati-museum https://www.hebraicbeliever.com/blog/test https://www.gtts.eu/blog/iso-9001-2015-certified https://www.showinglove.org/leonards-lens/comfort https://www.veelgoeds.com/blog/ubuntu https://www.hgoprayer.com/worship/its-gonna-be-alright https://www.metalbarnproductions.com/blog/february-06th-2015