Publicada el 30 Ee mayo Ee 2015 a las 15:00 |
REDACCIÓN.- A Escudería Rías Baixas e os máis de medio millar de voluntarios que colaboran na organización da cuarta proba puntuable do Campionato de España de rallys de asfalto sacaron adiante con éxito, un ano máis, o "Rías".
A carreira transcorreu sen incidencias, o público soubo gozar con sentido da competición e os pilotos non defraudaron. O bo tempo acompañou e animou os afeccionados a acudir aos distintos tramos polos que se celebrou a 51º edición do Rally Rías Baixas. A presenza de seguidores en cada unha das especiais foi masiva.
Os parques pechados de Gondomar e Porriño espertaron tamén unha enorme expectación e levaron a esas localidades a centos de afeccionados que non quixeron deixar escapar a oportunidade de ver de preto a espectacularidade dos vehículos de competición nas súas rúas máis céntricas.
No estritamente deportivo, lograron rematar o Rally, 52 dos 72 equipos que tomaron finalmente a saída. Entre os abandonos máis destacados, Esteban Vallín, Daniel Marbán, Alberto Meira, Santiago Cañizares, Ángel Paniceres e Edgar Vigo.
Cerimonia de entrega de trofeos
Os mellores deste 51º Rally Rías Baixas recibiron a homenaxe do público na Cerimonia de Entrega de Trofeos que se celebrou no recinto feiral de Cotogrande, acto que contou coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, a deputada provincial en funcións Marta Iglesias, o alcalde en funcións de Porriño Nelson Santos, o concelleiro de deportes en funcións de Porriño Alejandro Lorenzo, a concelleira de Turismo de Gondomar, Paula Bouzós, e o presidente da Real Federación Española de Automobilismo, Carlos Gracia.
Declaracións dos pilotos
MIGUEL FUSTER (gañador)
“Encantoume a proba. Competín moi a gusto. Saíume todo ben nas dúas etapas e puiden conseguir a vitoria. Estou moi contento".
IVÁN ARES (segundo clasificado):
"É incrible. O ano pasado estaba a axudar ao equipo de Alberto Meira e este ano subido ao caixón máis alto do podio. Estou nunha nube. Pelexar ata o último tramo co actual Campión de España por ese segundo posto é un soño. Todo saíu perfecto. Dou as grazas ao equipo que teño e aos meus amigos que me patrocinan".
SERGIO VALLEJO (terceiro clasificado):
"Felicitar a Fuster e Ares. Se tivese feito na primeira pasada polos tramos estes que na segunda tivese gañado, pero non puido ser".
Categorías: Val Miñor, Deportes, Galego
Las palabras que ha ingresado no coinciden con el texto dado. Por favor, inténtelo de nuevo.
Uy!
Uy, se olvidó de algo.